MUSIKORTA: SERVIZO INTEGRAL DE AUDIO
MUSIKORTA non é só un estudio de gravación. Aquí ofrecémosche todo tipo de servizos relacionados co audio: desde gravación e mestura de discos e maquetas, masterización, dixitalización de soportes (casete, vinilo ou bobina a CD, por exemplo), alugueiro do estudio con ou sen técnico, gravación de cuñas publicitarias, deseño de equipos de son (bares, salas, grandes sonorizacións…), servizo técnico para actuacións ó vivo, estudos acústicos, cursos de son, asesoría… O son é a nosa paixón. Consúltanos.
A NOSA WEB, XA EN MARCHA
En MUSIKORTA imos amodo, algo imprescindible se queremos facer as cousas ben. A verdade é que nos daba un pouco de vergonza non ter web nestes tempos nos que calquera ten a súa.
Aínda que somos máis ben “analóxicos”, demos o salto “dixital”. A nosa web deu por fin os seus primeiros pasos. Esperemos que esta nova forma de comunicación nos valla a todos.
Perdoade polos erros nesta web e mandádenos as vosas queixas, críticas ou avisos. Sempre van ser ben recibidos. Grazas por nos visitar.
BENVIDOS
O estudio MUSIKORTA naceu en 1998, cando Xabi Navarro “Jota” e Paulillo Erdozia acordaron emprender xuntos este camiño no que decidiron darlle vida á vella corte do casarío Goiogane de Amoroto (Biscaia) e, coa suor das súas frontes, levantaron desde as ruínas que eran o que hoxe é.
Son moi diferentes os camiños destas dúas persoas. Por un lado Paulillo, batería dos históricos Etsaiak, con 8 discos e 20 anos de estrada, estudos de informática musical e grande experiencia.
Polo outro Jota, cunha experiencia dilatada como técnico, desde a súa primeira sonorización en 1980, home de múltiples facetas sempre arredor da música: técnico de directo, gravación e radio, músico, técnico electrónico… En 1986 realizou os seus primeiros estudos sobre gravación en Madrid e, desde aquela, só pensa en aprender. Este é o seu segundo estudio. Os últimos 12 anos terédelo visto no Kafe Antzokia de Bilbo, do que é o responsable técnico. Máis de 3000 grupos pasaron polas súas mans.
ONDE ESTAMOS
MUSIKORTA está en Amoroto, a 6 quilómetros de Lekeitio, no val biscaíño de Lea. A paz reina nesta zona rural e iso inflúe moito á hora de crear e de traballar coa música.
Estamos ademais preto da costa e, se o tempo axuda, podedes dar uns bos paseos por lugares fermosos. Mais informacion: http://leaibarra.com/
Coordenadas GPS: 43º19´50.95″N, 2º31´35.51″O.
QUE FACEMOS
En MUSIKORTA traballamos con todo o relacionado co audio. Ofrecémosvos gran cantidade de servizos, por algo somos un “servizo integral de audio”.
- Gravación e mestura de discos e maquetas.
- Mastering de audio.
- Alugueiro do estudio, con ou sen técnico.
- Sonorización en directo: concertos e todo tipo de actos.
- Estudio móbil: gravación multipista ó vivo de todo tipo de actos musicais ou sonoros.
- Deseño e gravación de cuñas publicitarias.
- Dixitalización de soportes (de bobina, casete ou vinilo a CD ou a calquera outro formato dixital).
- Produción artística.
- Asesoría de son: deseño de equipos para salas, bares, auditorios…
- Deseño de estudios de gravación á túa medida e na medida das túas posibilidades: rede de cable, patch-panels…
- Alugueiro do material do noso estudio: previos, efectos…
- Cursos de son: iniciación ó son, acústica, gravación, mestura, son en directo…
Aqui tenis as nosas TARIFAS 2008 Galego
MUSIKORTA
SERVIZO INTEGRAL DE AUDIO
CASARÍO GOIOGANE
48289 AMOROTO (BISCAIA)
Teléf. 94 6243793 - 645 729221
NIF 15962718-M
musikorta@gmail.com